Teatro

Citizen (triloxía completa)

Data de estrea: 17-03-2011

Unha produción Chévere, compañía residente na Sala Nasa. Co apoio de: AGADIC, Concello de Santiago de Compostela, INAEM. O noso agradecemento a Óscar, Paco Bixou, Lola, Dominga, Amalia, Estrella, ás mulleres cooperativistas de Harmonía e Millenium, ao Padre Jorge, a Belén, a Fátima

Javier Vallejo
El País, 13 de febreiro de 2013
Shakespeare en la Costa da Morte: Citizen recrea la peripecia del fundador de Zara con el uso de una enorme variedad de recursos

Prado Campos
El confidencial, 25 de maio de 2015
Españoles, Franco ha muerto... Inditex ha nacido

Natalia González de Uriarte
Eldiario.es 3 de marzo de 2016
"Galicia fue el laboratorio de pruebas de la actual deslocalización de Zara"

O proxecto completo de Citizen componse de tres espectáculos autónomos de pequeno e mediano formato, que se foron facendo e estreando na Sala Nasa de Santiago de Compostela ao longo da tempada 2010-2011, coma se se tratase dunha obra de teatro por episodios. Cada un deles foi a continuación e a consecuencia do anterior. E ao final, a suma dos tres supuxo un novo espectáculo de case catro horas de duración que se estreou en marzo de 2011.

A obra, ao completo ou por partes, estivo xirando por España ata finais de 2013, superando as 120 representacións e os 10.000 espectadores, e no 2015 fixo unha xira por distintas cidades de Uruguai e Arxentina. Ademáis, acadou un importante recoñecemento crítico e profesional: foi a obra máis votada entre 150 propostas para acceder á Red de Teatros Alternativos de España, presentouse en festivais internacionais como Temporada Alta (Cataluña) e Escena Contemporánea (Madrid), recibiu o Premio da Crítica 2011 e 5 premios María Casares en 2012 (entre eles mellor espectáculo, mellor dirección, mellor actriz protagonista).