Persons
Arantza Villar

Actriz, asistente de dirección (Compostela, 1976)
Arantza Villar ten formación en interpretación, voz, clown, teatro de rúa, danza contemporánea, improvisación, cabaré, flamenco...
No ano 2007 entra a formar parte do elenco do espectáculo de teatro científico “Alá no fondo hai sitio abondo” Forma parte do proxecto "As Fillas Bravas" desde o ano 2014. É colaboradora habitual das Ultranoites e ten participado noutros espectáculos premiados da compañía como “Citizen” (2010), “Eurozone” (2013), “Ultranoite no País dos Ananos” (2014) e como asistente de dirección en "Eroski Paraíso" (2016) e "Divinas Palabras Revolution" (2018). Tamén forma parte do equipo de formación dos obradoiros que imparte Chévere.
Proxectos nos que traballa Arantza Villar
Usa as teclas frecha esquerda e dereita para navegar; tamén podes usar os botóns Anterior/Seguinte.