Teatro

Citizen II (made in Galiza)

Data de estrea: 18-11-2010

Unha produción Chévere, compañía residente na Sala Nasa. Co apoio de: AGADIC, Concello de Santiago de Compostela, INAEM. O noso agradecemento a Óscar, Paco Bixou, Lola, Dominga, Amalia, Estrella, ás mulleres cooperativistas de Harmonía e Millenium, ao Padre Jorge, a Belén, a Fátima.

Durante os anos 80 e 90 do século XX, en moitas zonas de Galicia xurdiron centos de cooperativas de confección inegradas por milleiros de mulleres do rural e dos arrabaldos urbanos que accedían así ao mercado laboral e se converteron nun sector estratéxico para o crecemento dunhas poucas empresas do sector téxtil que se lanzaron ao mercado internacional. Un exitoso exercicio de sobreexplotación de man de obra barata que pouco despois se trasladaría a países subdesenvolvidos, con lexislacións máis laxas.

Case dez anos despois do encontro con A.O. atopamos a Sara de volta na súa vila da Costa da Morte, cargando cun neno e tratando de saír da marxinalidade laboral e económica, para o que se dispón a poñer en amrcha unha cooperativa de confección xunto a outras veciñas. Será un soño breve e dramático.