Pequenas mentiras para contar grandes verdades
- En escena: Patricia de Lorenzo
- Idea e creación: Patricia de Lorenzo
- Dramaturxia e dirección: Xron
- Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo
- Control técnico: Borja Fernández
Non hai datas programadas
Ver anteriores datas
Unha actriz defíniese polos papeis que escolle, pero tamén polos que rexeita
Roberto Pascual, Diario Cultural CRTVG 31 maio 2023
Con esta peza Patricia de Lorenzo non só revisita a creación dos seus personaxes, senón tamén cuestións que teñen que ver coa súa concepción do teatro e coa súa postura persoal.
O cuadrilátero das verdades
Coa xentileza e a sabedoría calma das nais que sempre levan un abano no bolso e coñecen do arrecendo a pan de cea navegamos polas tempestades do emocionario de Patricia sabéndonos compañeiras de viaxe, recoñecéndonos en tantas batallas comúns que o abismo baixo os nosos pés xa non ten relevancia, porque caer habemos caer todxs pero se somos quen de vivir a personaxe, é posible, que sobrevivamos á caída.
“Eva y Toño son protagonistas de la pieza Eroski Paraíso del grupo Chévere. Son personajes (de mentira) basados en personas colectivas (de verdad). Pero Eva no está siendo ella misma: está actuando de ella misma en una historia de la que ella forma parte, pero que tampoco es la suya. Es la historia que Alejandra (su hija) quiere contar a través de ella, e incluso a pesar de ella. Una re-presentación de la parte que su hija ha considerado trascendente.”
Brigitte Vasallo, sobre o personaxe de Eva en “Lenguaje inclusivo y exclusión de clase”.
Moitas veces ser actriz é funcionar como Eva, alguén que está actuando nunha historia da que forma parte, pero que non é a súa, senón a historia que alguén quere contar a través dela, mesmo a pesar dela. As actrices, como Eva e tantas outras mulleres, moitas veces actúan como subalternas, disfrazando a súa voz e o seu corpo para representar personaxes alleos que normalmente reproducen os imaxinarios do poder. Elas son as que están aí diante nosa, pero non falan por si mesmas. Son outros falando a través delas.
O traballo dunha actriz pódese converter tamén nun modelo de resistencia contra esa forma de actuar. Algo que pasa por tomar conciencia e tomar partido. Aprender a escoitar o que se oe entre as liñas dun guión, máis alá dun texto ben escrito. Autoafirmarse cando se rexeita esa lingua disfrazada de poder patriarcal. Comprometerse cando se acepta ser parte dunha historia e falar por ti mesma, ata o punto de aceptar que che cambie a vida e a forma que tiñas de entender o mundo. Deixarse acompañar pola personaxe nun proceso enriquecedor de descuberta e coñecemento. Facer desaparecer a fronteira que te separa da personaxe sen ocultarse detrás da maquillaxe e o disfrace. Constituírse en mediadora sobre o escenario. Alguén que ofrece un testemuño real de toda esa xente anónima que nunca é protagonista, que vive en sitios onde nunca pasa nada, lugares onde non nacen os heroes do pasado nin os líderes do presente. Alguén que nos permite escoitar os silencios que se agochan en vidas que tamén merecen ser contadas, como as de Fran (Testosterona), Sara (Citizen), Eva (Eroski Paraíso) ou Isaura (As Fillas Bravas).