Cris Iglesias

Actriz (A Coruña, 1993) Licenciada pola ESAD de Galicia e con titulación do Conservatorio de Música da Coruña, forma parte do obradoiro realizado para seleccionar á filla ou fillo da parella protagonista de Eroski Paraíso (2016), xunto a outras vinte e dúas persoas participantes. Despois de realizar unha extensa xira con este espectáculo, segue traballando tanto no teatro coma no audiovisual con compañías como Marelas e o seu espectáculo "Liberto" (2019), en series como "Fariña" (2018), e a posterior produción escénica do mesmo nome no 2019, a serie  "Auga Seca" (2020) entre outras, e protagonizando curtametraxes como "16 de decembro" polo que recibiu o premio á mellor actriz no Festival Alcine de Alcalá de Henares.



Proxectos nos que traballa Cris Iglesias