Eurozone
- En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Manuel Cortés, Borja Fernández, Iván Marcos, Pepe Penabade
- Dramaturxia e dirección: Xron
- Escrita: Manuel Cortés, Xron
- Comunicación: Xana García
- Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo
- Iluminación: Fidel Vázquez
- Gráfica: Fausto Isorna
- Vídeo: Cuco Pino / Quadra producións
- Espazo escénico: Javier Domingo Ballestín
- Deseño web: A navalla suíza
- Produción: Patricia de Lorenzo, Juancho Gianzo
Unha produción Chévere coa axuda da Agadic e o Centro Dramático Nacional
Non hai datas programadas
Ver anteriores datas
Javier Vallejo
El País, 9 de novembro de 2013
La eurozona con la óptica de Tarantino
José Henríquez
Diagonal, 16 de marzo de 2013
Gángsters en el Troikasino
Guy Hedgecoe
The Irish Times, 7 de decembro de 2013
O atraco de Europa, tan terrible coma unha película de gángsters de Tarantino
Eurozone foi unha especie de vacina teatral contra os efectos perversos da crise. Unha obra feita desde o curruncho máis afastado para botar unha mirada crítica e perplexa a esta Europa dominada por elites extractivas. Unha obra que percorreu toda España como un orballo persistente en sintonía cos ventos democráticos que azoutan o réxime do 78. Unha farsa teatral sobre un sistema democrático deslexitimado que só conta coa cidadanía para ir votar cada certo tempo, sobre unha clase dirixente que só exerce o poder no seu propio beneficio, sobre o secuestro da democracia por parte do sector financieiro. Eurozone alimentouse da nosa impotencia, da nosa carraxe e da necesidade de desafogar a ira acumulada con todo o humor dispoñible.
Eurozone foi a primeira produción galega programada en tempada en Madrid polo Centro Dramático Nacional, onde colleitou un éxito indiscutible. En fin, unha obra feita para contribuír ao debate do presente, que foi vista por máis de 10.000 persoas en 21 cidades.
Eurozone foi unha produción ambiciosa para contraatacar os tempos de crise, unha obra coral con 8 actores e actrices en escena e un equipo de case 20 persoas. Un traballo de creación colectiva que se foi artellando desde cero ao longo de dous meses de ensaios. Un proceso que estivo aberto a calquera persoa a través de Redenasa, onde permanecen visibles os diarios de todo o equipo. Eurozone recibiu 4 Premios María Casares que outorga a Asociación de Actores e Actrices de Galicia: Mellor Espectáculo, Mellor Escenografía, Mellor Iluminación e Mellor Actriz Secundaria.