- En escena: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar
- Idea e creación: Chévere
- Dramaturxia e dirección: Xron
- Escrita: Manuel Cortés
- Comunicación: Xana García
- Adestramento musical: Inés Portela
- Caracterización, maquillaxe: Fany Bell
- Produción executiva: Patricia de Lorenzo
- Técnica en igualdade / Promove: Raquel Piñeiro
Unha produción Chévere, co apoio do Concello de Teo e Agadic. Agradecementos: Carme Hermida, Mercedes Peón, farmacia Díaz Méndez, Emilio Iglesias Moda.
Non hai datas programadas
Ver anteriores datas
Manuel Xestoso.
Faro de Vigo, 03/07/2014
Insubmisión tranquila
Nós Diario, 05/06/2020
A aposta de Chévere no teatro feminista en clave de humor.
Roi Vidal Ponte
Erregueté Revista Galega de Teatro, 30/04/2015
Polas nais das nosas avoas.
Hugo Álvarez Domínguez
Butaca en anfiteatro, 23/07/2015
As Fillas Bravas o una (monumental) comedia documental
Diario crítico, 13/09/2021
Un soplo de libertad y de retranca de las mujeres gallegas en el corazón de Madrid
MIguel Ángel Vila
Recomana, 06/06/2022
Donar la volta al patriarcat a cop de cobla
Martí Figueras
As Fillas Bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira.
As Fillas Bravas viven en Momán, unha aldea que representa todas as aldeas e na que todo é posible. Elas veñen a reafirmar modelos apoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados, valorizando a participación das mulleres na construción dunha memoria e dunha identidade colectiva.
As Fillas Bravas é un recital teatralizado que actualiza a vixencia dos valores da cultura tradicional. É tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflexados nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión.
Con este proxecto querémonos achegar a algunhas zonas nas que intuimos que a muller gozou de autonomía, extraendo textos do cancioneiro que poidan alumear xestos de rebeldía e autoafirmación. Cuestionar esoutro estereotipo que caracteriza a sociedade galega rural como conservadora, atrasada, inmobilizada, sumisa, que reduce ás mulleres ao ámbito privado da familia. Porque no rural galego as mulleres non se limitaban a desempeñar un rol reprodutivo, senón que participaban de todas as tarefas do traballo no campo. De aí que a súa presenza na esfera pública da aldea fose un feito asumido e normal. Nos textos do cancioneiro popular galego atópanse testemuñas destes roles produtivos asumidos polas mulleres, da existencia habitual de relacións sexuais fóra do matrimonio, da denuncia de abusos, acoso e violacións, de prácticas anticonceptivas e abortivas, de autoafirmación da muller fronte o home, publicados desde a segunda metade do século XIX.