Persons
Chusa Pérez de Vallejo

Profesora, actriz, bailarina e intérprete de Lingua de Signos (Santiago de Compostela, 1976)
Traballa en varios formatos: teatro de rúa, teatro infantil, espazos informais, danza, maxia. Estudou nas distintas cidades onde residiu: Espazo Aberto, Lecoq, Decroux, Teatro Político da Universidade Politécnica de Madrid. Posteriormente tamén traballou en Arxentina, Brasil, Perú e Uruguai.
Fórmase con Moisés Mato López en Teatro de la Escucha. É a responsable do Encontro Internacional de Teatro e Compromiso “Plataforma de Desalambrar” desde o ano 2002, no que se programaron expoñentes do Teatro Internacional como Cesar Brie, Julián Boal, Cesar Escuza, Sanchís Sinisterra, Ricardo Talento.
En 2006 crea a compañía de teatro "Los Últimos", que traballa, imparte formación e crea proxectos escénicos con colectivos desfavorecidos (prostitución, persoas sen fogar, inmigrantes, centros de menores, discapacitados, centros de saúde).
De regreso a Santiago de Compostela, entra a formar parte do elenco de "O Charco de Ulises", producida polo CDG (2020/21). Despois de realizar unha residencia artística sobre inclusión, encárgase da accesibilidade en Lingua de Signos dos espectáculos producidos polo CDG.
Proxectos nos que traballa Chusa Pérez de Vallejo
Usa as teclas frecha esquerda e dereita para navegar; tamén podes usar os botóns Anterior/Seguinte.