
- En escena: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar, Chusa Pérez de Vallejo, Gema Santos Custodio
- Idea e creación: Chévere
- Dramaturxia e dirección: Xron
- Comunicación: Xana García
- Adestramento musical: Inés Portela
- Caracterización, maquillaxe: Fany Bell
- Produción executiva: Patricia de Lorenzo
- Fotografía: Leticia T. Blanco, Gabriel Tizón, Anna R Figueiredo
- Adaptación a LSE: Chusa Pérez de Vallejo, Bea Noya García
- Intérpretes LSE: Chusa Pérez de Vallejo, Gema Santos Custodio
- Adestramento baile: Carme Giráldez
Espectáculo en lingua galega e lingua de signos. Inclúe nota de audiodescrición previa para persoas con discapacidade visual. Unha produción Chévere, co apoio do Concello de Teo e Agadic. Agradecementos: Carme Hermida, Mercedes Peón, farmacia Díaz Méndez, Emilio Iglesias Moda.
xuño 2025
xullo 2025
agosto 2025
outubro 2025
xaneiro 2026
febreiro 2026
Ver anteriores datas
Manuel Xestoso.
Faro de Vigo, 03/07/2014
Insubmisión tranquila
Nós Diario, 05/06/2020
A aposta de Chévere no teatro feminista en clave de humor.
Roi Vidal Ponte
Erregueté Revista Galega de Teatro, 30/04/2015
Polas nais das nosas avoas.
Hugo Álvarez Domínguez
Butaca en anfiteatro, 23/07/2015
As Fillas Bravas o una (monumental) comedia documental
Diario crítico, 13/09/2021
Un soplo de libertad y de retranca de las mujeres gallegas en el corazón de Madrid
MIguel Ángel Vila
Recomana, 06/06/2022
Donar la volta al patriarcat a cop de cobla
Martí Figueras
As protagonistas do Día das Letras Galegas 2025 son as cantareiras e a poesía popular oral! E as Fillas Bravas, que levan xa dez anos espallando por todo o país as voces das cantareiras e a poesía popular, queren contribuír á festa. Con tal motivo, argallaron algúns cambios para actualizar o seu recital, incorporando algunhas danzas que elas aprenderon de novas. Ademais, adaptárono á lingua de signos e desde o mes de maio actúan acompañadas de dúas intérpretes en escena. Para as persoas cegas fíxose unha nota de audiodescrición previa que se colocará á entrada dos teatros. E tamén no mes de maio a editorial Kalandraka publica o agardado libro co texto de As Fillas Bravas de Momán, dentro da súa Biblioteca de Teatro.
As Fillas Bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira. As Fillas Bravas viven en Momán, unha aldea que representa todas as aldeas e na que todo é posible. Elas veñen a reafirmar modelos apoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados, valorizando a participación das mulleres na construción dunha memoria e dunha identidade colectiva.
As Fillas Bravas é un recital teatralizado que actualiza a vixencia dos valores que as mulleres achegaron á cultura tradicional, creando e transmitindo un tremendo repertorio de creatividade colectiva arredor da música, o baile e o canto . É tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflexados nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión oral.
Con este proxecto, estreado en xuño do 2014, quixémonos achegar a algunhas zonas nas que intuímos que a muller gozou de autonomía, extraendo textos do cancioneiro que poidan alumear xestos de rebeldía e autoafirmación. Cuestionar esoutro estereotipo que caracteriza a sociedade galega rural como conservadora, atrasada, inmobilizada, sumisa, que reduce ás mulleres ao ámbito privado da familia. Porque no rural galego as mulleres non se limitaban a desempeñar un rol reprodutivo, senón que participaban de todas as tarefas do traballo comunitario. De aí que a súa presenza na esfera pública da aldea fose un feito asumido e normal. Nos textos do cancioneiro popular galego atópanse testemuñas destes roles produtivos asumidos polas mulleres, da existencia habitual de relacións sexuais fóra do matrimonio, da denuncia de abusos, acoso e violacións, de prácticas anticonceptivas e abortivas, de autoafirmación da muller fronte o home, publicados desde a segunda metade do século XIX.