Teatro

Helen Keller, a muller marabilla?

Data de estrea: 15-02-2024

Unha co-produción de Chévere co Centro Dramático Nacional e co Teatre Lliure, con apoio de AGADIC/Xunta de Galicia. Colaboran: Centro Dramático Galego, Concello de Ames, ONCE, Sala Ártika. Agradacementos: Julia Fernández-Nieto, Vida Bajo Fernández, Irene Iñiguez, Cloti Vaello, Tomás Rábanos, Sara Crespo, José Portela, Elena, Sergio e Ainhoa, Magdalena Pérez de Vallejo, Jorge Bandín Obra en lingua oral (galego) e lingua de signos (LSE), con textos proxectados en galego.

setembro 2024
Domingo 15 20:00 H
outubro 2024

Ver anteriores datas

Chévere regresa aos escenarios cunha obra que volve romper coas expectativas. Helen keller, a muller marabilla? recunca no teatro documental pero, ao tempo, vai más alá, interrogándose sobre as estratexias narrativas empregadas, pondo en cuestión o propio método de traballo, abrindo novos camiños para a relación co público. Historia e mentira, integración e marxinación, disidencia e sometemento aparecen nunha obra que se interroga sobre o que non se di e, sobre todo, por que non se di. Teatro en estado puro.

Chévere leva anos analizando a relación entre os acontecementos vistos en escena e as forzas activas na Historia e cuestionando o relato oficial desde as táboas. Este percorrido polas contradiccións da historia recente converteu Chévere nunha compañía de referencia, nunha especie de Centro Dramático Nacional Galego que acerta sempre na pertinencia das súas escollas.

Chévere fai gala de multitude de recursos que renovan a dramaturxia asociada ao teatro documental sen traizoar a esencia do xénero. Emprega estratexias narrativas moi próximas á linguaxe do videoxogo ou aos xogos de rol, saproxímase ao teatro de obxectos, continúa co seu labor de reformular o traballo de interpretación...
Manuel Xestoso: O que non se di, Sermos Galiza, 24 febreiro 2024

Para las personas sordas es gozoso seguir un espectáculo que se adentra en su mundo con oluntad tan decidida, a juzgar por los profusos aplausos mudos con los cuales acogieron su conclusión y por la manera en la que patearon la tarima: en otras ocasiones esto significa rechazo; en esta fue un modo de hacer llegar su entusiasmo a propios y extraños. Al público le cautivaron la historia y el desempeño de sus intérpretes. Y para la mayor parte del público oyente, acercarse a este universo supone una sorpresa dentro de un misterio.
Javier Vallejo: Una cautivadora obra sobre la ceguera, la izquierda y la fe. El País, 27 marzo 2024

Poco a poco, en un tiempo escénico fluído sin efectismos gratuitos, la obra nos va conduciendo a un final conmovedor de una composición plástica y visual impecable, llena de sugerente emoción política. La última escena es excepcional. Uno como espectador tiene la impresión de que se le hanquitado varios velos de su mirada, esa sensación entre jodida y placentera que sobreviene cuando se entienden las cosas en toda su extensión, cuando lo oculto emerge y emergen igualmente las causas de por qué estaba oculto lo que estaba oculto.

Chévere consigue una vez más, y lo hace cada vez mejor, esparcir ese efecto purificador y liberador llamado catarsis y tradicionalmente asignado a la tragedia clásica. También lo puede el teatro documento, sin duda, con toda una magnífica y renovada teatralidad y un rigor documental exquisito. Quizás con Azkona&Toloza, son la compañía que más lejos está llegando con esta modalidad escénica que parte de una lectura crítica de la realidad para generar una propuesta estética única sobre la escena. De la ética surge la estética y lo estético refuerza el elemento ético- Algunos de sus títulos son ya patrimonio del mejor teatro político hecho en España desde Galicia.
Helen Keller y la deconstrucción de los mitos. Álvaro Vicente, Diario Red, 21 marzo 2024

En el escenario van vistiendo a Helen, van montando su historia a golpe de maniquí con una ternura tan especial, con una delicadeza tal que ya nos invitan a soñar en otro código, en otros sentidos, en otras miradas. El silencio nos empieza a invadir, a remover, a despertar, a veces también nos incomoda. Disfrutamos de la escucha del resto de sentidos. El maniquí sin rostro cobra vida de la mano de Chévere, con sus caricias, con sus signos, con sus símbolos, con su amor. Amor que nos inunda, que lo olemos, que lo tocamos, que lo sentimos. Con la dramaturgia y maravillosa dirección de Xron, Ángela Ibáñez, Patricia de Lorenzo y Chusa Pérez de Vallejo nos embellecen la tarde con su reflexión, con su relato, con su narrativa poli angular, acompañando a Helen y al público, entregado, reflexivo, atento al devenir narrativo.
Vista Teatral, 21 marzo 2024

La companyia gallega Chévere es reinventa a cada nou espectacle, sense deixar d’explotar la veta documental que en els darrers temps ha esdevingut un dels seus trets identitaris. En aquest cas, el repte icnlou treballar de manera exhaustiva per la inclusió de persones sordes i cegues. Helen Keller, a muller marabilla? Es caracteritza per una voluntat de registre exhaustiva, dins un sobri dispositiu documental que juga amb la idea de l’arxiu, defugint l’emoció però no la ironia ni la inevitable sornegueria gallega.
Helen Keller i les fotos que falten. Ana Prieto Nadal, Núvol, 15 maio 2024

ESPECTÁCULO RECOMENDADO POLAS "COMISIÓNS ARTÍSTICAS DE LA RED"

Nos últimos quince anos estreamos unha serie de pezas que cuestionaron as narrativas oficiais sobre o imperio Zara de Amancio Ortega (Citizen), sobre a crise financeira (Eurozone), sobre a globalización (Eroski Paraíso), sobre a insubmisión do mundo rural (As Fillas Bravas), sobre a unidade nacional, a liberdade de expresión e a España Baleirada (Curva España) ou sobre a cultura do petróleo (N.E.V.E.R.M.O.R.E.). Sempre a través de historias locais nas que se cruzan a memoria colectiva e a nosa experiencia persoal.

Agora estamos traballando nun proxecto que vai modificar algunhas das chaves do noso traballo, tratando de cuestionar o noso propio modus operandi para seguir desbordando os límites e as estratexias das prácticas actuais de teatro documento. Para fuxir do ensimismamento. Para non saír na foto. Para non perder o costume de seguir buscando. Afastámonos das historias máis ou menos locais e da mirada xeracional, pero mantemos o interese por narrar desde as zonas de fricción entre a memoria colectiva e os relatos oficiais, mantendo a metodoloxía de traballo e as tácticas de creación.

Todo comeza ao descubrir unha muller, totalmente descoñecida para nós, chamada Helen Keller. Nacida en Tuscumbia (Alabama), convértese nunha celebridade mundial ao ser, segundo as fontes oficiais, a primeira persoa xordocega en obter un título universitario en 1904 en Harvard, despois dun duro proceso de aprendizaxe desde os oito anos. Polo menos esta é a parte da súa vida que fica na memoria colectiva, como un exemplo de superación da discapacidade. E polo que sabemos, a maioría dos seus escritos acaban rescatados como simples aforismos motivacionais. Pero ao investigar en varios arquivos dixitais norteamericanos imos descubrindo outras facetas desconcertantes da súa vida, que son sistematicamente ocultadas. E o máis sorpredente, nos últimos anos espállase polas redes sociais unha campaña que afirma que Helen Keller é un fake, incluíndo unha petición en charge.org para eliminala da historia.

Isto provoca a nosa curiosidade. Por que se oculta parte da súa vida? A quen lle interesa facelo? Por que queren eliminala da historia? Porque é unha muller, xorda e cega? Porque non se acepta que unha das persoas máis famosas do século XX en EE.UU. sexa comunista? Porque unha muller con discapacidade non se pode converter nunha líder anticapitalista?

Son preguntas que tratan sobre a posibilidade da rebeldía e a disidencia na nosa sociedade. Sobre a posibilidade de ser considerada unha muller marabillosa e ao mesmo tempo poder vivir simplemente como unha muller independente e autónoma. Sobre a posibilidade de aceptar que sexa unha muller xorda quen rache os silencios sociais ou que sexa unha muller cega quen abra os ollos da sociedade diante da inxustiza que nos rodea. Alén diso resoa a posibilidade da utopía entendida como unha función da nosa memoria. Pode Helen Keller devolverlle os soños a Greta Thunberg?

Este tamén é un traballo que cuestiona a in-comunicación entre persoas oíntes e non oíntes, explorando as posibilidades de compartir unha conversa aberta no escenario, como unha silenciosa reivindicación da importancia das linguas minorizadas, do seu uso público e do seu encontro. Por iso integramos na mesma obra a lingua falada en galego e a lingua de signos.